InicioSociedadeOs casos covid na área de Vigo volven superar os 3.500

Os casos covid na área de Vigo volven superar os 3.500

Levan crecendo durante toda a semana tras o Entroido.

PUBLICADO O

Os novos contaxios de Covid-19 baixan dos 2.000 diarios e sitúanse nos 1.862 –138 menos que na xornada anterior–, co que os casos activos soben, aínda que máis lentamente –880 máis– e rexistran 19.441. Tamén se incrementa a taxa de positividade ata o 12,44%. Por outra banda, baixan os pacientes hospitalizados por coronavirus ata os 350 –29 menos–.

Segundo os datos actualizados este venres pola Consellería de Sanidade, con rexistros ata as 18,00 horas do xoves, recollidos por Europa Press, descenden a 27 as persoas ingresadas en UCI pola Covid-19 en Galicia –unha menos– e a 323 as hospitalizadas en unidades convencionais –28 menos–. 

Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria alíviase na de Vigo onde descenden a un en UCI –un menos– e mantéñense en 39 os doutras unidades –sen cambios–.

CASOS EN ASCENSO

En canto aos casos activos de Covid-19 mantense a tendencia ascendente por cuarta xornada consecutiva en Galicia, tras iniciarse esta semana cun descenso, polo que se sitúan en 19.441, que implican 880 máis que o día anterior, ao haber de novo máis contaxios (1.862) que altas (978), ao que se engaden varios falecementos. 

As infeccións activas ascenden de novo nas sete áreas sanitarias galegas, coa de Vigo á cabeza (+188 novos) co que o número de casos activos é d 3.507.

ÚLTIMAS

Chega aos Play Doc ‘Salvaxe, Salvaxe’ un filme ecoloxista galego premiado en Málaga

O filme galego ‘Salvaxe, Salvaxe’ chega a Galicia este mes de maio, despois de...

Encontrado o cadáver dunha muller dentro dun coche aparcado nun parking de Samil

O cadáver dunha muller foi achado dentro dun coche que estaba aparcado nun parking...

A oposición viguesa denuncia que Caballero veta o pronunciamento da Corporación sobre a saída sur e o AVE a Porto

Os grupos da oposición no Concello de Vigo denunciaron este mércores que o goberno...

Saen de prisión os tripulantes do MV Karar coa obrigación de comparecer quincenalmente

Os 14 tripulantes do MV Karar, interceptado en abril de 2020 cando navegaba cara...