InicioSociedadeO persoal dos Puntos de Atención Continuada acusa o SERGAS de falla...

O persoal dos Puntos de Atención Continuada acusa o SERGAS de falla de persoal e explotación

PUBLICADO O

Trala noticia dunha persoa falecida o 4 de agosto no Punto de Atención Continuada (PAC) da Estrada, os traballadores dos PAC de Galicia escribiron unha carta ao SERGAS na que reiteran a súa crítica á falla de persoal e medios.

Defenden que esta morte se produciu “no contexto da falta de cobertura do reforzo de sábado de tarde e ante a ausencia do único equipo que desenvolvía o traballo nesa tarde por acudir a unha urxencia fóra do centro”. Consideran que están traballando con recursos mínimos.

“Tras meses denunciando esta situación atopamonos que, no verán, onde a carga
asistencial e a poboación aumenta, o persoal co que estamos a traballar é inferior ao do resto do ano”, lembran.

E, todo isto, “malia a que nos limitaron o tempo de disfrute de vacacións e permisos, que denegaron reducions de xornada por motivo de conciliación e que aumentaron a xornada obrigando a facer quendas de traballo a maiores ao persoal do PAC. A solución ven sendo unha vez mais a sobrecarga e recorte de dereitos nun persoal extenuado e que xa non pode mais”.

“Unha vez mais, o SERGAS bota balóns fora como se cousa do azar se tratase (…) A falta de persoal non se solventa sobreexplotando sempre aos mesmos, pasa por
formar aos sanitarios suficientes que cubran as xubilacións que se van xenerando e se
van xenerar, pasa por ofertar prazas suficientes en oposicións que aseguren esta
cobertura, pasa por ter ao persoal eventual cuns dereitos mínimos para evitar a fuga
en busca de poder ter unhas condicións dignas”, selaron.

ÚLTIMAS

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Chega aos Play Doc ‘Salvaxe, Salvaxe’ un filme ecoloxista galego premiado en Málaga

O filme galego ‘Salvaxe, Salvaxe’ chega a Galicia este mes de maio, despois de...

Encontrado o cadáver dunha muller dentro dun coche aparcado nun parking de Samil

O cadáver dunha muller foi achado dentro dun coche que estaba aparcado nun parking...

A oposición viguesa denuncia que Caballero veta o pronunciamento da Corporación sobre a saída sur e o AVE a Porto

Os grupos da oposición no Concello de Vigo denunciaron este mércores que o goberno...