InicioSociedadePérez Leira: "Residentes de Vigo sempre foi unha asociación de carácter progresista...

Pérez Leira: “Residentes de Vigo sempre foi unha asociación de carácter progresista e de ideais republicanos”

Lois Pérez Leira foi recentemente nomeado presidente da Unión de Residentes de Vigo en Bos Aires.

PUBLICADO O

Lois Pérez Leira, 69 anos. Escritor e xornalista Vigués. Foi Conselleiro Xeral da emigración. Ten escritos 16 libros e dirixiu 23 documentais.  

Hai uns anos que se radicou novamente na arxentina. Cal foi o motivo desa decisión?  

Despois de xubilarme decidín preparar a mochila e percorrer un pouco o mundo. Despois de pasar pola Republica Dominicana e Venezuela decidín recalar novamente na miña outra patria a Arxentina. En Bos Aires puxen o miña “Comandancia xeral” e desde alí sigo viaxando. Por agora a miña nova biblioteca téñoa en Bos Aires. Un tema que non é menor para min.  

E Vigo?  

A miña cidade de nacemento é a miña referencia afectiva, as miñas raíces. Alí están os meus fillos. Parte moi linda da miña vida. Cando remate a miña etapa laboral decidín “ autoexiliarme”. Creo que rematarei unha etapa da miña vida, no persoal e na política. Doutra banda teremos un alcalde por 30 anos mais así que decidín re-inmigrar (sorrí).  

Recentemente foi nomeado Presidente da Unión de Residentes de Vigo en Bos Aires?. 

A verdade é que para min foi unha gran honra que me propuxesen para presidir a miña institución. Desde hai moitos anos era socio, aínda que o exercín moi pouco, xa que case 36 anos vivín en Galiza. Durante moitos anos fun delegado de Residentes de Vigo na propia cidade de Vigo. Recordo que me tocou convidar oficialmente o alcalde Manuel Soto a visitar a Arxentina. A súa xira por Bos Aires foi un éxito total. Tivo máis repercusión que a visita do Rei Juan Carlos. Non hai moitos anos fun un dos xestores da visita de Abel Cabaleiros á nosa institución.  

Que me pode contar da Unión de residente de Vigo?.  

A Unión de Residentes dos Concellos de Vigo e Lavadores fundouse o 12 de outubro de 1918 e estableceu a súa primeira secretaría na rúa Alsina 1138. Por aquel entón tiña 70 socios pasando a ser 350 uns anos despois. Estamos a falar dunha institución de máis de 103 anos. Seguramente a segunda entidade máis antiga de Vigo, despois do Círculo Mercantil de Vigo fundada en 1891. A nosa sociedade foi fundada por veciños do Concello de Vigo e o de Lavadores. Ten as súas orixes nos labregos que loitaban contra os foros. Estes veciños cando emigraban continuaban a loita desde o exterior. Residentes de Vigo sempre foi unha asociación de carácter progresista e de ideais republicanos.  

Foron moitos os vigueses que emigraron?  

Non. Non son comparables con outros lugares de Galicia. Temos que pensar que Vigo recibía migracións interiores como do resto da provincia ou de Ourense. O porto de Vigo a través da emigración e a pesca producía moito traballo. A maioría que emigraban eran man de obra especializada, especialmente oficiais de primeira do metal.  

Cal é a relación coa Xunta de Galicia?  

É a única administración que nos axuda regularmente para manter o edificio ou realizar actividades culturais. Contamos cun dos mellores coros galegos da emigración. 

ÚLTIMAS

O BNG pide grupos e artistas locais en Castrelos, tamén como teloneiros, no canto do “autobombo” do alcalde

O grupo municipal do BNG en Vigo volveu a pedir un ano máis que o Concello...

O PP denuncia a Caballero o ocultamento “intencionado” da perda de fondos europeos para reformar o parque Camilo José Cela

O grupo municipal do PP no Concello de Vigo denunciou este luns que o...

Ferido grave un home ao caer desde un tellado no que traballaba no porto pesqueiro do Berbés

Un home resultou ferido grave este luns ao precipitarse desde o tellado no que...

Detido por exhibicionismo un home que se facía tocamentos e se masturbaba na praia viguesa de Samil

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 42 anos de idade, A.D.,...