Oito mortos máis en Galicia con covid-19, dous en Vigo

Os falecidos con coronavirus en Galicia aumentan a 2.918.

Paciente con covid-19 na UCI / ANA VARELA - XUNTA - Arquivo.

A Consellería de Sanidade notificou a morte de oito persoas con coronavirus nas últimas horas en Galicia. O total de vítimas desde o inicio da pandemia é de 2.918. Estas oito persoas contaban con patoloxías previas.

Unha das defuncións produciuse o 26 de xaneiro, trátase dun home de 91 anos, falecido no Chuvi de Vigo.

Seis dos óbitos tiveron lugar o 27 de xaneiro: un home 85 anos (no CHUF), un home 91 anos (no Chuac), un home de 75 anos (no Chuvi), un home de 89 anos (no hospital de Valdeorras) e un home de 87 anos (no HULA).

Pola súa banda, esta listaxe complétase co falecemento dun home de 84 anos no CHUS de Santiago, que tivo lugar este mesmo venres, 28 de xaneiro.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here