InicioSociedadeCinco mortes máis en Galicia pola covid-19, unha en Vigo

Cinco mortes máis en Galicia pola covid-19, unha en Vigo

As vítimas da pandemia en Galicia suman 2.873.

PUBLICADO O

As mortes doutras cinco persoas que foran diagnosticadas coa covid-19 en Galicia elevan as vítimas da pandemia a 2.873.

Segundo informou a Consellería de Sanidade, dous destes falecementos producíronse o día 19. Trátase dun home de 87 anos que faleceu no seu domicilio da área sanitaria da Coruña e Cee e doutra muller de 89 anos que estaba ingresada no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.

Ademais, na xornada do xoves perdeu a vida unha muller de 87 anos na Residencia San Martiño de Nogueira de Ramuín, unha muller de 99 anos no Hospital da Mariña e un home de 75 no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (CHUVI).

As cinco persoas falecidas presentaban patoloxías previas.

ÚLTIMAS

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...

Atraso de 40 minutos na liña A Coruña-Vigo por un conato de incendio nun coche do tren

Un conato de incendio declarado entre dous coches dun tren que cobre a liña...

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...