InicioSociedadePiden multa de 3.000 euros para o falso 'youtuber' que lle tocou...

Piden multa de 3.000 euros para o falso ‘youtuber’ que lle tocou o cú a unha muller en Vigo

Chegoulle a preguntar canto diñeiro querería a cambio de "facer algo con el".

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Fiscalía pide unha multa de 3.000 euros para un home de 28 anos de idade que se fixo pasar por ‘youtuber’ para abordar a unha muller pola rúa, facerlle unha ‘entrevista’ de contido sexual e tocarlle o traseiro sen o seu consentimento, e que será xulgado na sala do Penal 1 de Vigo este mércores.

Os feitos ocorreron o 31 de marzo de 2021 cando o acusado abordou na rúa Pi e Margall a unha muller á que non coñecía para pedirlle a hora. A continuación, estableceu conversación con ela e aseguroulle que era ‘youtuber‘, á vez que lle pedía entrevistala.

Ambos fóronse a unha zona da rúa onde había bancos e árbores para manter esa charla, na que o acusado a interrogou sobre a súa vida sexual, preguntándolle cousas coma se era fiel á súa parella, con que frecuencia mantiña relacións sexuais, e cuestións dese estilo.

O home mostroulle un vídeo doutro ‘youtuber’ que facía ese tipo de entrevistas e logo fíxolle unha proposta sexual, preguntándolle canto diñeiro querería a cambio de “facer algo con el”. A muller rexeitou a súa proposta e o mozo pediulle entón facerse unha foto xuntos.

Nese momento, o acusado activou o temporizador da cámara de fotos do seu teléfono, sentou á beira dela e tocoulle o cu sen o seu consentimento “con ánimo de atentar contra a súa liberdade sexual”.

Por estes feitos, o ministerio público considera ao procesado autor dun delito de abuso sexual e pide que sexa condenado ao pago dunha multa de 3.000 euros. Tamén reclama que indemnice á muller en 300 euros polos danos morais.

ÚLTIMAS

Hosteleiro libanés de Vigo expulsa un grupo de turistas israelís por mal comportamento no seu restaurante

Un hosteleiro libanés que rexenta un restaurante en Vigo expulsou a un grupo de...

Vigo anuncia que inicia os trámites para unha ordenanza sobre vivendas de uso turístico

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o Concello iniciou a tramitación dunha...

OPINIÓN.- Unha cidade para quen a fixo grande

O Partido Popular de Vigo vén de propoñer que a antiga estación de autobuses...

Stellantis fai a última porposta para pagar a prima variable cun novo marco regulador

A dirección de Stellantis Vigo trasladou este xoves a sindicatos a súa última proposta...