InicioSociedade80 pacientes hospitalizados con Covid na área de Vigo, dous máis que...

80 pacientes hospitalizados con Covid na área de Vigo, dous máis que hai un día

Xa son case 7500 os contaxiados nesta área.

PUBLICADO O

A presión hospitalaria que deixa a pandemia da covid-19 en Galicia ascendeu dunha maneira notable ata os 298 ingresados, que son 24 máis que unha xornada atrás. Iso si, os novos contaxios por coronavirus detectados nun día baixaron ata os 2.349, que son 429 menos que o día previo, aínda que hai que ter en conta que ao longo do fin de semana e das festas do Nadal diminuíron as probas realizadas. Na área de Vigo volven subir os contaxiados e os hospitalizados.

No que respecta ás hospitalizacións, segundo os datos publicados este luns 27 de decembro, con rexistros ata as 18,00 do domingo 26, o Servizo Galego de Saúde (Sergas) contabiliza 246 pacientes ingresados en planta, 27 máis, aínda que os das unidades de coidados intensivos (UCI) descenden en tres, ata os 52.

De entre as que soben, a área de Vigo continúa na cabeza coa maior cifra de hospitalizados por covid, con 80 en total, dous máis que hai un día. Con todo, a súa UCI non rexistraron variacións e mantéñense con 14 pacientes.

MENOS CONTAXIOS E MENOS PCR

No que respecta ás novas infeccións, a cifra de 2.349 detectadas nas últimas 24 horas implica un importante descenso de 429 con respecto ao día previo, cando houbo 2.778. Cabe lembrar que Sanidade notificou o sábado 3.100 infeccións, cifra marca de toda a pandemia en Galicia.

De todos os positivos notificados na última xornada, a área de Vigo volve situarse á cabeza ao concentrar 647. Deste xeito, suma 7.425 casos activos (+350).

Para analizar o descenso da cifra de novos contaxios detectados no último día, hai que ter en conta que nas últimas 24 horas analizadas realizáronse 9.777 PCR, que son 3.801 menos que a xornada previa.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...