InicioSociedadeFalece en Vigo por covid-19 unha muller sen patoloxías previas

Falece en Vigo por covid-19 unha muller sen patoloxías previas

Esta e outras tres mortes máis elevan a cifra de vítimas pola pandemia en Galicia a 2.739.

PUBLICADO O

A Consellería de Sanidade informou este mércores da morte de catro persoas que foran diagnosticadas coa covid-19, entre elas unha muller de 66 anos que non tiña patoloxías previas.

Segundo os datos das autoridades sanitarias, esta muller permanecía ingresada no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (CHUVI).

Ademais, no Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) morreu un home de 69 anos; no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC) perdeu a vida outro home de 91 anos; e no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra (CHOP), un home de 90. Os tres presentaban patoloxías previas.

Con estes catro falecementos rexistrados este mércores a cifra de vítimas pola pandemia en Galicia elévase a 2.739.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...