InicioSociedadeUn novo morto en Vigo eleva a 2.664 as vítimas da covid-19...

Un novo morto en Vigo eleva a 2.664 as vítimas da covid-19 en Galicia

Trátase dun home de 84 anos que morreu no hospital Povisa.

PUBLICADO O

A Consellería de Sanidade notificou este mércores unha nova vítima con coronavirus. Desde o comezo da pandemia, o total de falecidos en Galicia elévase a 2.664.

O falecido é un home de 84 anos, cuxa morte tivo lugar no hospital Povisa, en Vigo. Esta persoa contaba con patoloxías previas.

A anterior vítima rexistrada en Galicia foi unha muller de 79 anos, que faleceu o martes no Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol (CHUF). Era veciña do edificio de Fene no que vivía unha muller de 58 anos que morreu no seu domicilio sen vacinar o 12 de novembro.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...

Abel Caballero ve no novo expediente da UE “a gran ocasión” para lograr a gratuidade total da AP-9

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, ve o novo expediente de infracción que a UE...