InicioSociedadeDesviado ao aeroporto de Santiago o voo no que viaxaba o Rei...

Desviado ao aeroporto de Santiago o voo no que viaxaba o Rei Felipe VI a Vigo por un problema operativo

Aena di que non ten constancia do desvío de voos comerciais.

PUBLICADO O

O avión o que viaxaba este venres pola mañá o Rei Felipe VI ao aeroporto de Peinador, en Vigo, foi desviado á terminal de Lavacolla, en Santiago de Compostela, por “un problema operativo”.

Así o trasladaron fontes da organización do acto no que participará o Rei este venres en Vigo, onde presidirá a presentación das versións eléctricas dos vehículos comerciais lixeiros do grupo Stellantis.

O evento, que terá lugar na planta do grupo automobilístico en Balaídos, tamén contará coa asistencia doutras autoridades, como o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Anxo Santalices, e o alcalde de Vigo, Abel Caballero.

Pola súa banda, fontes de Aena confirmaron a Europa Press que non se ten constancia de que se desviou ningún voo regular desde o aeroporto de Peinador a outra terminal durante a mañá deste venres.

MODIFICACIÓN HORARIO

Debido á modificación da ruta, a recepción de Felipe V,i prevista para as 11,00 horas, tivo lugar pasadas as 11,35 horas na planta do Grupo Stellantis, en Vigo.

ÚLTIMAS

Chega aos Play Doc ‘Salvaxe, Salvaxe’ un filme ecoloxista galego premiado en Málaga

O filme galego ‘Salvaxe, Salvaxe’ chega a Galicia este mes de maio, despois de...

Encontrado o cadáver dunha muller dentro dun coche aparcado nun parking de Samil

O cadáver dunha muller foi achado dentro dun coche que estaba aparcado nun parking...

A oposición viguesa denuncia que Caballero veta o pronunciamento da Corporación sobre a saída sur e o AVE a Porto

Os grupos da oposición no Concello de Vigo denunciaron este mércores que o goberno...

Saen de prisión os tripulantes do MV Karar coa obrigación de comparecer quincenalmente

Os 14 tripulantes do MV Karar, interceptado en abril de 2020 cando navegaba cara...