InicioSociedadeRapazada de Pazos de Borbén planta medio cento de castiñeiros no monte

Rapazada de Pazos de Borbén planta medio cento de castiñeiros no monte

Tamén participaron nunha actividade de fomento da reciclaxe e concienciación sobre o uso dos plásticos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Case un centenar de alumnado de primaria do CPI Curros Enríquez participaron este xoves nunha plantación de árbores autóctonas nos montes comunais da parroquia de Pazos. A iniciativa, organizada pola Asociación de Pais e Nais e a Comunidade de Montes, contou coa colaboración da Consellería de Medio Rural e do corpo de bombeiros forestais.

A xornada comezou cunha pequena charla por parte dos axentes
forestais na que explicaron a necesidade de protexer as especies
autóctonas como medio de protección contra a propagación de incendios
. En total foron 50 exemplares de castiñeiros autóctonos os que se plantaron na contorna do antigo campo de fútbol de Pazos. Cada un deles conta con dúas etiquetas cos nomes das crianzas que os plantaron.

Ademais, os bombeiros forestais tamén acompañaron á cativada durante as
tarefas de rega das novas árbores. Unha vez finalizada a plantación, todo o alumnado gozou dunha merenda de cortesía por parte da comunidade de montes; e, a continuación, participaron nunha actividade de fomento da reciclaxe e concienciación sobre o uso de plásticos de man de Antón KE.

O alcalde de Pazos de Borbén, Andrés Iglesias, acompañou os escolares
durante a plantación e destacou os beneficios destas iniciativas “para
sensibilizar o alumnado co coidado e o respecto pola natureza”. Do mesmo xeito, a edil de Servizos Sociais, Eloisa Nogueira, agradeceu a implicación tanto da ANPA como da comunidade de montes “organizando unha xornada preciosa na que os pequenos gozan aprendendo a coidar e
protexer o medio ambiente”.

ÚLTIMAS

Hosteleiro libanés de Vigo expulsa un grupo de turistas israelís por mal comportamento no seu restaurante

Un hosteleiro libanés que rexenta un restaurante en Vigo expulsou a un grupo de...

Vigo anuncia que inicia os trámites para unha ordenanza sobre vivendas de uso turístico

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o Concello iniciou a tramitación dunha...

OPINIÓN.- Unha cidade para quen a fixo grande

O Partido Popular de Vigo vén de propoñer que a antiga estación de autobuses...

Stellantis fai a última porposta para pagar a prima variable cun novo marco regulador

A dirección de Stellantis Vigo trasladou este xoves a sindicatos a súa última proposta...