InicioSociedadeContinúan dous usuarios contaxiados de Covid nunha residencia de Vigo

Continúan dous usuarios contaxiados de Covid nunha residencia de Vigo

Aumentan de dous a tres os usuarios contaxiados tras detectarse un positivo nunha residencia en Forcarei.

PUBLICADO O

O brote de Covid-19 detectado hai dúas semanas nunha residencia de discapacidade do municipio ourensán de Barbadás con 12 usuarios infectados descende a sete casos, mentres que nos centros de maiores aumentan a tres os residentes contaxiados, dous nun de Vigo e un noutro de Forcarei.

Segundo os datos actualizados este mércores polas consellerías de Política Social e Sanidade –que publican semanalmente os casos en residencias–, no centro de discapacidade As Burgas de Barbadás baixan a sete os usuarios contaxiados con Covid, cinco menos que hai unha semana.

Esa ducia de contaxios supuxeron o 60 por cento dos 20 usuarios que atende esta residencia contaxiados. Tras detectarse o brote, os residentes, incluídos os que deron negativo na proba Covid, segundo indicou Política Social, foron illados polo protocolo do centro.

RESIDENCIAS DE MAIORES
En canto ás residencias de maiores en Galicia, aumentan de dúas a tres os usuarios contaxiados de Covid-19, dúas deles nun centro en Vigo e outro nun en Forcarei.

En concreto, o brote na Residencia Clece Vitam Pardo Bazán de Vigo mantén dous casos como fai sete días. A estes súmase un contaxiado na Residencia Nosa Señora Dolores de Forcarei.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...