InicioSociedadeA Confederación Hidrográfica Miño-Sil construirá unha pasarela peonil sobre o río Louro...

A Confederación Hidrográfica Miño-Sil construirá unha pasarela peonil sobre o río Louro ao seu paso por Tui

Trátase dun "vello anhelo" para avanzar na Senda Litoral do Miño.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Confederación Hidrográfica Miño-Sil (CHMS) e o Concello de Tui (Pontevedra) asinaron este martes un convenio de colaboración mediante o cal o organismo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e Reto Demográfico construirá unha pasarela peonil sobre o río Louro, ao seu paso por este concello.

O presidente da CHMS, José Antonio Quiroga, e o rexedor tudense, Enrique Cabaleiro, foron os encargados de rubricar o acordo no que se determinan as condicións de financiamento e execución do proxecto, e as obras de construción para a súa posterior entrega ao Concello.

As actuacións previstas englóbanse dentro do proxecto construtivo da Senda Litoral do río Miño, redactado en 2009 polo entón Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño.

A continuidade desta senda de ribeira vese interrompida polo cruzamento do río Louro, que desemboca no Miño, polo que se construirá un paso peonil de madeira. Así mesmo, acondicionaranse os accesos necesarios á pasarela e un tramo de carreiro peonil duns 300 metros de lonxitude.

O investimento total da actuación estímase nuns 230.000 euros, dos que a Confederación achegará o 70 por cento, e o Concello de Tui o 30 por cento restante. A previsión é que a obra poida comezar no primeiro semestre de 2022.

O rexedor de Tui subliñou que a construción desta pasarela peonil é “un vello anhelo” para avanzar na Senda Litoral do Miño, e agradeceu a disposición da CHMS, así como a da Corporación, por dar luz verde ao crédito necesario, e a da empresa Kiwi España pola cesión dos terreos necesarios.

Pola súa banda, José Antonio Quiroga tamén celebrou que “se desbloquee” esta actuación, e avanzou que ese “inicio de colaboración” co Concello de Tui prolongarase con futuros novos acordos.

ÚLTIMAS

Volven prender lume en Chandebrito oito anos despois da traxedia na que morreron dúas persoas

Un lume forestal que comezou onte á noite en Chandebrito (Nigrán) queimou 0,73 hectáreas...

Caballero, contra as peaxes na A-52 e A-55: “As construtoras que se dediquen a contruír”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu este venres contra a proposta da patronal...

Abel Caballero tacha de “bobada” a proposta do PP para o centro de asociacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, negou este venres que poña problemas á Xunta...

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...