InicioVigo e contornaO PorriñoPiden pena de cárcere para o home do Porriño que tentou matar...

Piden pena de cárcere para o home do Porriño que tentou matar á muller mentres durmía co seu neto

Atacouna cun coitelo e a muller sufriu cortes nas mans ao tentar defenderse.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Fiscalía pide case 7 anos e medio de prisión para un home acusado dun delito de asasinato en grao de tentativa, por apuñalar á súa muller mentres ela durmía, e todo en presenza do neto menor de idade do matrimonio, que tamén descansaba na mesma habitación. O home será xulgado este martes na sección cuarta da Audiencia Provincial en Pontevedra.

Segundo o escrito de acusación pública, os feitos ocorreron na madrugada do 28 de xaneiro de 2020, cando o matrimonio e un neto menor de idade se atopaba nunha habitación do domicilio familiar, na localidade do Porriño. Nun momento determinado, e con ánimo de acabar coa súa vida, o home púxose sobre a súa muller, que estaba durmida na cama e, mentres profería frases como “vasmas a pagar”, cun coitelo lanzou unha puñalada que acabou atravesando a almofada.

A muller espertouse sobresaltada e colocou as súas mans por diante para defenderse das arremetidas do seu marido, que tratou de cravarlle o coitelo no peito e no abdome, todo iso en presenza do neno. Tras un forcejeo, conseguiu zafarse do seu marido e lanzar o coitelo debaixo da cama.

A muller tratou de escapar co seu neto, pero foi alcanzada polo acusado, polo que se viu obrigada a morderlle nunha orella para poder saír da vivenda co menor. O home foi detido e ingresou en prisión provisional.

LESIÓNS

Por estes feitos, a vítima sufriu feridas cortantes nas palmas das mans e na cara posterior do brazo esquerdo, polo que tivo que ser intervida no hospital. Como secuelas, padeceu artroses e dor na man esquerda, e tensión postraumática, ademais das cicatrices. A muller tivo que recibir tratamento psiquiátrico e psicoterapia para a súa estabilización, e aínda padece un trastorno por tensión postraumática leve.

DELITO E PETICIÓN DE PENA

A Fiscalía considera ao acusado autor dun delito de asasinato en grao de tentativa e considera que concorre no acusado a circunstancia agravante de parentesco. Asimimo, o ministerio público entende que tamén concorre a eximente incompleta de alteración psíquica.

Por iso, pide que sexa condenado a 7 anos, 5 meses e 29 días de prisión, e que se lle impoña a medida de liberdade vixiada durante 8 anos, coa obrigación de seguir un tratamento psicolóxico.

Así mesmo, reclama que se lle prohiba achegarse ou comunicarse coa vítima durante 10 anos, e que a indemnice en case 35.000 euros polas feridas, as secuelas e os días de incapacidade. Tamén solicita que indemnice ao Sergas en algo máis de 3.600 euros polos gastos médicos da atención á muller.

ÚLTIMAS

Concentración en Vigo pola aumento de accidentes e ritmos de traballo no naval

Decenas de persoas concentráronse este xoves en Vigo para denunciar o aumento da sinistralidade laboral...

Chaman a manifestarse este sábado en Vigo contra o xenocidio en Gaza

A Plataforma Cívica Vigo Pro-Palestina, integrada por máis de 40 entidades sociais, veciñais, sindicatos e...

O TSXG ratifica a condena a 15 anos de cárcere o acusado de violar ao seu fillastro en Vigo

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) ratificou a condena a 15 anos...

A UVigo participa nun proxecto para a detección satelital de incendios

Aistech Space, Telespazio Ibérica e Kreios Space, en colaboración coa Universidade de Vigo (UVigo),...