InicioSociedadeDetectado un gromo de 37 positivos no CAPD de Redondela

Detectado un gromo de 37 positivos no CAPD de Redondela

Os casos de covid-19 en residencias de maiores descenden a 77 no conxunto de Galicia.

PUBLICADO O

O Centro de Atención a Persoas con Discapacidade de Redondela rexistra entre os seus usuarios 37 positivos, segundo informou a Consellería de Sanidade, o que eleva a 51 os contaxios nestes centros.

Ademais, cifra en 77 as infeccións en residencias de maiores, un menos que na xornada anterior tras o negativo dun usuario da residencia Bodía Magnolio de Vigo.

Así as cousas, tal e como informou a Consellería de Sanidade nun comunicado, dos 77 casos activos en residencias de maiores un total de 28 corresponden á residencia García Irmáns de Betanzos, onde se rexistra o maior número, seguida da residencia Val de Monterrei, neste municipio, con 24.

Outros dous son na residencia Santo Estebo de Perlío (Fene); seis na vivenda comunitaria de Alfoz; sete na residencia de maiores de Ribadeo; un na de Candrexa de Queixa; cinco na residencia Soremay, en Pontevedra; tres na de Santa Marta de Vigo e un en Domusvi, desta cidade tamén.

Por outra banda, elévanse os positivos en residencias de discapacidade tras os detectados no CAPD de Redondela. Así, sitúanse en 51 os usuarios contaxiados: 14 no Fogar e Clínica de San Rafael, en Vigo, e os 37 do centro de Redondela.

ÚLTIMAS

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Stellantis Vigo espera que o Perte se resolva “a final de mes”

O director da planta viguesa do grupo automobilístico Stellantis, Ignacio Bueno, ve "difícil" superar...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...

Atraso de 40 minutos na liña A Coruña-Vigo por un conato de incendio nun coche do tren

Un conato de incendio declarado entre dous coches dun tren que cobre a liña...