A sanidade pública na área de Vigo é “insustentable”, segundo a CIG

Denuncia que os centros de Oia e Pazos de Borbén están sen persoal facultativo no seu centro e derivando a asistencia urxente a Fornelos, que só ten un facultativo, ou á Guarda ou Redondela teñen carencia de persoal.

Concentración de médicos e pediatras de Atención Primaria no Centro de Saúde de Rosalía de Castro, en Vigo.. PAULA XUSTO-EUROPA PRESS

As políticas de recortes en atención primaria, a fuga de persoal sanitario a outras comunidades e países, e as esixencias para o persoal sanitario derivadas da pandemia da covid-19 xeraron, segundo a CIG, “unha situación insustentable” nos centros de saúde da área sanitaria de Vigo.

O sindicato nacionalista denuncia nun comunicado, entre outros problemas, o funcionamento de centros ao 50 % do persoal sanitario por mor das vacacións, baixas ou permisos; listas de espera que superan os 15 días e mesmo chegan ao mes, persoal administrativo excedido polos trámites da plataforma Chave365 ou relacionados coa covid e a vacinación, aumento de situacións de violencia e agresións contra o persoal, ou axendas médicas que superan os 60 pacientes.

“A todo o anterior hai que sumar situacións particulares como a vivida onte no centro de saúde de Oia e Pazos de Borbén, sen persoal facultativo no seu centro e derivando a asistencia urxente a Fornelos, que só ten un facultativo, ou á Guarda ou Redondela, “centros con carencias de persoal e listas de espera de máis de 15 días”, engádese no comunicado.

Por todo iso, o sindicato volve esixir un cambio total nas políticas sanitarias en Galicia e que se dote de medios e persoal estable aos centros de traballo investindo en Atención Primaria, de modo que o persoal sanitario dispoña de tempo para ofrecer ?unha atención digna? aos pacientes.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here