InicioSociedadeA Xunta denegou a axuda para libros de texto a familias sen...

A Xunta denegou a axuda para libros de texto a familias sen ingresos durante 2020

A Xunta non tivo en conta a situación económica das rendas familiares no ano 2020 se non que baremou tendo en conta os ingresos de 2019, antes do inicio da pandemia.

PUBLICADO O

O pasado 21 de maio a Xunta de Galicia abría o procedemento anual de participación no fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar.

Este tipo de axudas van destinadas a asignación de libros de texto correspondentes aos cursos de 3º a 6º de Educación Primaria en Galicia e a todos os cursos da ESO así como a axudas económicas para o alumnado galego de primeiro e segundo de primaria.

Os requisitos establecidos pola Xunta na súa resolución do 20 de maio de 2021 en canto aos ingresos económicos para poder optar as axudas en Educación Primaria era de non superar os 6000€ por cada membro da unidade (renda per cápita) para obter unha axuda de 210€ ou non superior a 10.000€ para unha axuda de 140€.

No caso do alumnado da ESO as axudas alcanzaban os 240€ e 160€ respectivamente.

Baremar según os ingresos de 2019

A sorpresa da convocatoria foi que, pese á excepcionalidade da situación xerada pola crise do COVID19 durante 2020, a Xunta mantivo o criterio de baremar según os ingresos do exercicio fiscal dous anos anterior ao curso escolar solicitado. Neste caso serían os ingresos familiares de 2019, anterior ao confinamento e os peches da pandemia durante 2020.

Isto provocou que familias que en 2020 e mesmo 2021 están en situación de desemprego ou con dificultades económicas ou perda de ingresos, non tiveran opción a percibir estas axudas.

O mesmo acontece con familias con nenos e nenas nacidas durante o ano 2020 ou 2021, non computarían como membros da unidade familiar de cara a facer o cálculo da renda per cápita.

Unha situación a todas luces inxusta dado que non se achega á situación real das familias en 2021 en plena crise.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...