InicioVigo e contornaRedondelaAER traslada ao BNG a necesidade da dimisión da alcaldesa de Redondela...

AER traslada ao BNG a necesidade da dimisión da alcaldesa de Redondela para “conservar un goberno progresista”

A agrupación de electores valorou o clima "cordial" no que se desenvolveu o encontro e lembrou que "Digna Rivas é alcaldesa de Redondela grazas aos apoios tanto de AER como do BNG, aínda que que o grupo nacionalista no seu momento declinou entrar a formar parte do goberno".

PUBLICADO O

Agrupación de Electores de Redondela (AER) trasladou a “necesidade” de que a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, dimita para “conservar un goberno progresista” ao BNG, ao que expuxo que, en caso de conformarse un novo executivo, sómese ao mesmo.

Así se manifestaron representantes de AER nunha reunión mantida co Bloque e enmarcada na rolda de contactos que leva a cabo coas distintas forzas políticas “para buscar unha solución quegarantice a estabilidade do goberno do Concello de Redondela”.

Neste contexto, AER subliñou a necesidade de que a rexedora dimita e animou aos representantes do BNG a que se incorporen a un novo equipo de goberno se se conforma “polo ben da estabilidade institucional” e “para poder atender adecuadamente os principais problemas do Concello, especialmente en materia social”.

A agrupación de electores valorou o clima “cordial” no que se desenvolveu o encontro e lembrou que “Digna Rivas é alcaldesa de Redondela grazas aos apoios tanto de AER como do BNG, aínda que que o grupo nacionalista no seu momento declinou entrar a formar parte do goberno”.

Esta semana AER tamén mantivo unha reunión coa agrupación local do PSOE na que reclamou a dimisión da alcaldesa, unha petición que non descartou manter aínda que a súa formación recupere as competencias en materia de limpeza de praias.

PACTO DE GOBERNO ROTO

Esta situación prodúcese despois de que este domingo AER dese por roto o pacto de goberno local co PSOE tras unha resolución ditada pola rexedora pola que se “retiraron” ao concelleiro de Medio Ambiente, Roberto Villar, as competencias sobre a limpeza de praias.

Por iso, a agrupación decidiu pedir a dimisión da alcaldesa por ser a “única responsable da ruptura unilateral do pacto de investidura” asinado entre ambas as formacións tras as eleccións de 2019.

Os socialistas liderados por Rivas, a actual alcaldesa, contan con sete edís nun pleno de 21. Para ser elixida en 2019 necesitou o tres votos de AER, máis os dous do BNG. As eleccións gañounas con nove concelleiros o PP, que quedou a dous de obter a maioría absoluta.

ÚLTIMAS

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Stellantis Vigo espera que o Perte se resolva “a final de mes”

O director da planta viguesa do grupo automobilístico Stellantis, Ignacio Bueno, ve "difícil" superar...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...

Atraso de 40 minutos na liña A Coruña-Vigo por un conato de incendio nun coche do tren

Un conato de incendio declarado entre dous coches dun tren que cobre a liña...