InicioSociedadeA área de Vigo ten xa o 20% dos casos de Galicia

A área de Vigo ten xa o 20% dos casos de Galicia

Nun só día houbo 200 contaxios e acumula xa máis de 1.500 casos activos.

PUBLICADO O

Os novos contaxios de Covid-19 disparáronse ao chegar ao ecuador de xullo a 1.097, que supón a cifra máis alta desde o inicio deste verán no marco da quinta onda, e os casos activos repuntan a 7.208. Mentres, os pacientes ingresados por este coronavirus increméntanse a 79, unha ducia máis, e a taxa de positividade sobe lixeiramente a un 9%.

Segundo os datos publicados este xoves pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 horas deste mércores, recollidos por Europa Press, a área de Vigo segue sen pacientes Covid en UCI e rexistra dez ingresados noutras unidades –tres máis–

REPUNTAN OS CASOS ACTIVOS

No ecuador do mes de xullo os casos activos repuntan a 7.208, que supoñen 910 máis que a xornada anterior, ao haber de novo máis contaxios (1.097) que altas (185), ao que se engaden dous falecementos.

Por áreas sanitarias, as infeccións activas aumentan nas sete de novo, na de Vigo de forma máis acusadas (+202). Por iso, á cabeza en casos activos mantense a área de Vigo, con 1.591.

CONTAXIOS DISPARADOS

En canto aos novos contaxios de Covid-19 en Galicia disparáronse por encima do milleiro a 1.097 –que implican 331 máis que o día anterior– tras manterse as dúas últimas xornadas por encima dos 700, despois de iniciar esta semana con 630.

En toda Galicia foron confirmados 1.082 positivos por Probas Diagnósticas de Infección Activa (PDIA) nas últimas 24 horas, segundo os datos actualizados por Sanidade, 302 máis que a xornada pasada, dos cales 227 corresponden á área de Vigo

ÚLTIMAS

Chega aos Play Doc ‘Salvaxe, Salvaxe’ un filme ecoloxista galego premiado en Málaga

O filme galego ‘Salvaxe, Salvaxe’ chega a Galicia este mes de maio, despois de...

Encontrado o cadáver dunha muller dentro dun coche aparcado nun parking de Samil

O cadáver dunha muller foi achado dentro dun coche que estaba aparcado nun parking...

A oposición viguesa denuncia que Caballero veta o pronunciamento da Corporación sobre a saída sur e o AVE a Porto

Os grupos da oposición no Concello de Vigo denunciaron este mércores que o goberno...

Saen de prisión os tripulantes do MV Karar coa obrigación de comparecer quincenalmente

Os 14 tripulantes do MV Karar, interceptado en abril de 2020 cando navegaba cara...