InicioSociedadeSeguen aumentando os casos e os ingresos covid na área de Vigo

Seguen aumentando os casos e os ingresos covid na área de Vigo

Hai dúas persoas máis en hospitais por mor deste coronavirus.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Galicia arrinca esta semana con 244 novos contaxios de Covid-19, case o dobre que o luns pasado (123), cunha repunta  nos pacientes hospitalizados a 61 –dez máis– e con 2.466 casos activos, que acumulan doce xornadas consecutivas en ascenso. Pola súa banda, a taxa de positividade diminúe lixeiramente a un 3,6% no conxunto da Comunidade galega.

Segundo os publicados na mañá deste luns pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 horas deste domingo, recollidos por Europa Press, aumentan a 11 as persoas ingresadas na UCI pola Covid –unha máis– e a 50 as que se atopan noutras unidades –nove máis–. Pola súa banda, 2.405 pacientes permanecen en seguimento no seu domicilio.

Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria aumenta na de Vigo, sen pacientes en UCI pero con dúas persoas máis ingresadas noutras unidades.

CASOS ACTIVOS EN AUMENTO

Pola súa banda, Galicia inicia esta semana con 2.466 casos activos, que supoñen 181 máis que a xornada anterior, ao haber máis contaxios (244) que altas (63), polo que acumulan doce xornadas consecutivas en ascenso. Con respecto ao luns anterior –28 de xuño– hai 959 infeccións activas máis. Deste xeito, sitúanse en niveis similares ao 23 de agosto do ano pasado, cando había 2.505. Por áreas sanitarias, as infeccións activas aumentan em 43 na área de Vigo, que suma 429.

REPUNTAN OS CONTAXIOS

En canto aos novos contaxios de Covid-19 aumentaron a 244 no arranque desta semana, que supoñen 15 máis que a xornada anterior e case o dobre que fai sete días, polo que manteñen a tendencia iniciada o xoves 24 de xuño, cos contaxios por encima do centen

ÚLTIMAS

Volven prender lume en Chandebrito oito anos despois da traxedia na que morreron dúas persoas

Un lume forestal que comezou onte á noite en Chandebrito (Nigrán) queimou 0,73 hectáreas...

Caballero, contra as peaxes na A-52 e A-55: “As construtoras que se dediquen a contruír”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu este venres contra a proposta da patronal...

Abel Caballero tacha de “bobada” a proposta do PP para o centro de asociacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, negou este venres que poña problemas á Xunta...

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...