InicioSociedadeUn traballo sobre os estereotipos asociados aos trastornos mentais supera as 80.000...

Un traballo sobre os estereotipos asociados aos trastornos mentais supera as 80.000 reproducións en redes sociais

Trátase dun vídeo difundido a través de TikTok

PUBLICADO O

- Advertisement -

Máis de 89.000 reproducións e preto de 27.000 gústame acumula na rede social TikTok un vídeo realizado por cinco estudantes do Grao en Publicidade e Relacións Públicas da Universidade de Vigo que pon o foco nos estereotipos aos que teñen que facer fronte nas aulas os alumnos e alumnas que padecen autismo, dislexia ou trastorno por déficit de atención e hiperactividade (TDAH).

O obxectivo desta actividade era que o alumnado crease unha serie de vídeos divulgativos que acheguen recomendacións fronte aos boatos e noticias falsas que se difunden a través da rede e que este grupo de estudantes decidiu centrar, explican, “nas neurodiverxencias e nos estereotipos que rodean ás persoas” que sofren algún trastorno mental.

“Non podíamos crelo. Foi algo inmediato, nun día xa chegara ás 10.000 visitas”, salienta a alumna Alba Des da repercusión que tivo nesta rede social un vídeo no que buscaron reflectir “algúns dos estereotipos máis soados aos que se enfrontan todos os días os alumnos e alumnas” con autismo, dislexia ou TDAH. “A verdade é que estamos entusiasmadas de conseguir plasmar os sentimentos de tanta xente nun vídeo de tan curta duración”, engade.

DISLEXIA, TDAH, AUTISMO, BIPOLARIDADE E ESQUIZOFRENIA

Neste grupo de traballo, a temática escollida foi a da “neurodiverxencia, que en poucas palabras podería ser definida como a inclusión daquelas persoas nas que os seus cerebros teñen variacións no seu desenvolvemento”, explica Des. De feito, esta estudante sinala que ademais de ser “un dos primeiros temas que xurdiu” cando comezaron o traballo, a súa escolla viu tamén motivada polo feito de que entre as e os integrantes do grupo “hai persoas con diversidades funcionais que saben o que é vivir esas experiencias en carne propia”. 

No marco deste traballo académico tiveron que realizar unha serie de vídeos en formato vertical, pensados para plataformas como TikTok, cos que buscaron abordar “dunha forma básica e inmediata” algúns dos “estigmas” que rodean a “trastornos de aprendizaxe como a dislexia”, ou o TDAH. Tamén abordaron o autismo, o trastorno bipolar e a esquizofrenia.

ÚLTIMAS

Volven prender lume en Chandebrito oito anos despois da traxedia na que morreron dúas persoas

Un lume forestal que comezou onte á noite en Chandebrito (Nigrán) queimou 0,73 hectáreas...

Caballero, contra as peaxes na A-52 e A-55: “As construtoras que se dediquen a contruír”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu este venres contra a proposta da patronal...

Abel Caballero tacha de “bobada” a proposta do PP para o centro de asociacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, negou este venres que poña problemas á Xunta...

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...