InicioSociedadeAECT Rio Minho aplaude que o Goberno luso destine recursos á fronteira...

AECT Rio Minho aplaude que o Goberno luso destine recursos á fronteira e que sexa o foco dos fondos europeos

Destaca que os fondos europeos deben impactar de forma específica nos territorios transfronteirizos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT) Rio Minho foi anfitrioa en Vila Nova de Cerveira do Encontro de Cooperación Transfronteiriza organizado polo Goberno portugués e o CCDR-N para abordar os retos de futuro dos territorios transfronteirizos.

A agrupación, en boca da súa vicedirector Uxío Benítez, mostrouse moi satisfeito polo resultado do encontro e, en concreto, polas declaracións da ministra de Coesão portuguesa, Ana Abrunhosa, quen se manifestou “claramente a favor”, segundo traslada a AECT, da neceidad de destinar máis fondos tanto europeos como estatais ás zonas de fronteira.

Tamén, engadiu a AECT, sobre que os fondos europeos deben impactar de forma específica nos territorios transfronteirizos a favor da súa recuperación e dinamización.

Tras o peche da xornada, o vicedirector da AECT, Uxío Benítez, valorou o feito de que sexa a primeira vez que un Goberno dun Estado organiza un encontro de cooperación transfronteiriza apostase por elixir unha localidade á beira do Miño, como lugar onde reunir a todas as entidades transfronteirizas de España e Portugal.

Ademais da ministra Abrunhosa, quen recoñeceu que a situación no Miño foi “dramática” durante os peches, no encontro participaron outras autoridades, como o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.

ÚLTIMAS

Volven prender lume en Chandebrito oito anos despois da traxedia na que morreron dúas persoas

Un lume forestal que comezou onte á noite en Chandebrito (Nigrán) queimou 0,73 hectáreas...

Caballero, contra as peaxes na A-52 e A-55: “As construtoras que se dediquen a contruír”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu este venres contra a proposta da patronal...

Abel Caballero tacha de “bobada” a proposta do PP para o centro de asociacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, negou este venres que poña problemas á Xunta...

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...