Juventus e CR7: cando a fichaxe dun xogador case provoca unha folga

Cristiano Ronaldo/ Getty Images, OK Diario

Tras unha etapa de constantes dúbidas e rumores, finalmente o xogador portugués foi parar ao Juventus, equipo máis importante da liga italiana neste momento, e non tardaron as primeiras reaccións. Unha delas, se cadra a máis sorprendente, o anuncio de folga nas fábricas de FIAT.

Partía o sindicato Sistema de Traballadores de Base do argumento de que a familia Agnelli dirixe Exor, e este grupo posúe tanto o 64% das accións da Juventus coma o 30% das de Fiat Chrysler, así que a relación entre ambas compañías resulta evidente.

Polo tanto, criticaron como miles de persoas “non chegan a fin de mes” mentres que “unha persoa recibe millóns”. CR7 vai mellorar o seu salario anterior ata os 30 millóns de euros, aínda por debaixo de Messi e Neymar, que cobran 40 e 36 respectivamente.

Finalmente, a folga foi desestimada polos sindicatos maioritarios, argumentando que este asunto “non ten nada que ver cos traballadores da compañía”. En tal caso, abre de novo o debate de ata onde pode chegar a burbulla futbolística e baixo que piares queremos construír a sociedade. Porque que un futbolista do seu nivel xenera estas cantidades é difícil poñelo en dúbida.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here