InicioSociedadeEvacúan dúas persoas no incendio dun piso en Vigo

Evacúan dúas persoas no incendio dun piso en Vigo

Ocorreu na rúa López Mora.

PUBLICADO O

Os efectivos de emerxencia evacuaron dúas persoas pola súa exposición ao fume dun incendio rexistrado nun piso da cidade de Vigo.

Segundo informou o CIAE 112 Galicia, minutos antes das 17,00 horas deste mércores unha chamada á central alertaba do lume, que afectaba á cociña dunha vivenda situada na rúa López Mora.

Ata alí mobilizáronse os bombeiros da cidade, así como profesionais de Urxencias Sanitarias 061 e axentes das policías Nacional e Local.

Así, dous ocupantes da vivenda tiveron que ser trasladadas por inhalación do fume xerado polo lume, que afectou a cociña e a campá extractora.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Chega aos Play Doc ‘Salvaxe, Salvaxe’ un filme ecoloxista galego premiado en Málaga

O filme galego ‘Salvaxe, Salvaxe’ chega a Galicia este mes de maio, despois de...

Encontrado o cadáver dunha muller dentro dun coche aparcado nun parking de Samil

O cadáver dunha muller foi achado dentro dun coche que estaba aparcado nun parking...