InicioSociedadeA área de Vigo rexistra só tres novos contaxios por PCR nas...

A área de Vigo rexistra só tres novos contaxios por PCR nas últimas 24 horas

Hai menos hospitalizados e menos casos activos.

PUBLICADO O

Os novos contaxios de Covid-19, ás portas do último fin de semana antes do inicio do verán, volveron a situarse por baixo do centenar tras o repunte da xornada anterior e caen a 87 no conxunto de Galicia, mentres que os casos activos descenden a 1.344 tras o lixeiro incremento do día pasado que rompeu a tendencia descendente continua de 25 xornadas. En canto aos pacientes ingresados mantéñense en 61.

Segundo os datos publicados na mañá deste venres pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 horas deste xoves, continúan 16 pacientes Covid en UCI e 45 noutras unidades de hospitalización. Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria descende na de Vigo, aínda que seguen dous pacientes Covid en UCI e descenden a sete os doutras unidades –un menos–. 

MENOS CASOS ACTIVOS

En canto aos casos activos de Covid-19, tras o lixeiro aumento da xornada anterior despois de 25 xornadas consecutivas en descenso, volveron a reducirse e sitúanse en 1.344, once menos, ao haber máis altas (97) que contaxios (87), ao que se suma un falecido. Por áreas sanitarias, as infeccións activas descenden nas de Vigo (-20), que queda con 244 casos activos.

Mentres, os novos contaxios de Covid-19 detectados por calquera tipo de proba en Galicia descenderon por baixo do centenar, a 85 –que supoñen 26 menos–. No conxunto de Galicia foron confirmados 85 positivos por Probas Diagnósticas de Infección Activa (PDIA) nas últimas 24 horas, segundo os datos actualizados por Sanidade, deles só tres, á de Vigo.

ÚLTIMAS

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...

Case nove de cada dez usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes dos 18 anos

Preto do 88% dos usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes...