InicioSociedadeCargas pesadas, tóxicos como o amianto, xornadas prolongadas... reducirase a idade de...

Cargas pesadas, tóxicos como o amianto, xornadas prolongadas… reducirase a idade de xubilación no naval?

PUBLICADO O

A CIG vén de instar por escrito ao Ministerio de Traballo e Seguridade Social a que inicie os trámites legais para o establecemento de coeficientes redutores da idade de xubilación para os traballadores e traballadoras do sector naval. Deste xeito, a central dá resposta a unha reivindicación que dende hai tempo se viña debatendo entre o persoal e que consideran “de xustiza”.  A reivindicación abarca ao persoal das empresas do naval tanto de titularidade pública como privada, así como ás súas industrias auxiliares.

“Facémonos eco dunha demanda do sector, onde existe a unánime convicción da necesidade desta medida, coñecedores como son das duras condicións do traballo e das múltiples patoloxías que van acumulando co tempo, que dan como resultado que a penosidade da actividade laboral aumente exponencialmente co paso dos anos”, subliña a CIG-Industria.

A Lei Xeral da Seguridade Social estipula que se poderá rebaixar a idade de xubilación “naqueles grupos ou actividades profesionais nos que se fagan traballos excepcionalmente penosos, tóxicos, perigosos ou insalubres, que rexistren elevados índices de morbilidade ou mortalidade e nos que non sexa posíbel a modificación das condicións laborais”.

 Aelgan que o persoal do naval ten que realizar tarefas fisicamente moi esixentes (con continuos desprazamentos entre diferentes niveis transportando equipos de traballo), nas mesmas ou semellantes localizacións (peiraos, a bordo, diques, gradas, explanadas portuarias, etc.) e expostos a todo tipo de meteoroloxía.

Ademais, o sector naval reúne, defenden, “unha combinación de riscos como tóxicos, traballos en altura, espazos confinados, atmosferas explosivas ou desprazamentos de grandes cargas”.

Engadiron ademais que “xunto a isto, hai que ter en conta o impacto nas condicións de traballo da eventualidade do persoal, que xa se converteu en característica estrutural do sector; ou as consecuencias derivadas das prolongacións habituais de xornada e o réxime de traballo a quendas -incluído a nocturna”.

“Mención especial merece a problemática de saúde orixinada polo amianto, que ten provocado a existencia dun continxente de traballadores e traballadoras afectadas no sector naval, aínda en activo e sen cuantificar”, conclúen.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...