InicioVigo e contornaMosConvocados cribados en Mos, concello con nivel alto de restricións

Convocados cribados en Mos, concello con nivel alto de restricións

Están citadas unhas 5.000 persoas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) convoca cribados esta semana no concello de Mos, que pertence á Área Sanitaria de Vigo e conta con nivel alto de restricións debido á incidencia da Cocid-19.

Segundo informou a área Sanitaria de Vigo, este mércores un equipo de profesionais sanitarios desprazarase a Mos onde están citadas unhas 5.000 persoas para unha proba PCR no Pavillón Óscar Pereiro.

Así mesmo, este sábado, 29 de maio, está prevista a realización dun cribado aos traballadores e usuarios do centro Leroy Merlin no mesmo concello de Mos.

Mos conta con limitación de reunións de persoas convivientes en espazos privados entre a 1,00 e as 6,00 horas; no concello non está permitido o consumo no interior dos establecementos de hostalaría e restauración e a ocupación das terrazas destes locais ascende a un 50%.

ÚLTIMAS

Volven prender lume en Chandebrito oito anos despois da traxedia na que morreron dúas persoas

Un lume forestal que comezou onte á noite en Chandebrito (Nigrán) queimou 0,73 hectáreas...

Caballero, contra as peaxes na A-52 e A-55: “As construtoras que se dediquen a contruír”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu este venres contra a proposta da patronal...

Abel Caballero tacha de “bobada” a proposta do PP para o centro de asociacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, negou este venres que poña problemas á Xunta...

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...