InicioSociedadeRecibe a alta hospitalaria un dos tripulantes do 'Prometheus Leader', afectado pola...

Recibe a alta hospitalaria un dos tripulantes do ‘Prometheus Leader’, afectado pola variante india

Seguen ingresados outros sete tripulantes deste buque e cinco do 'Emerald Leader'.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un dos tripulantes do buque ro-ro ‘Prometheus Leader’, que acaba de terminar a súa corentena no porto de Vigo (decretada tras detectarse un gromo de Covid-19 da variante india), recibiu a alta hospitalaria este venres, segundo confirmaron fontes sanitarias.

Trátase dun dos 8 tripulantes dese cargueiro, que permanecía ingresado no Hospital Vithas de Vigo, e que recibiu a alta tras a súa evolución favorable e despois de dar negativo na última proba PCR á que foi sometido.

Este é o primeiro tripulante do ‘Prometheus Leader’ que recibe a alta, mentres que seguen ingresados no Hospital Vithas outros 7 tripulantes deste buque, un deles na UCI.

O barco finalizou xa a súa corentena e, tras cargar uns 2.500 vehículos na terminal de Bouzas, tiña prevista a súa saída de Vigo esta tarde con rumbo a Zeebrugge (Belgica).

SEGUNDO GROMO

Por outra banda, outro buque ro-ro, xemelgo do primeiro, o ‘Emerald Leader’, permanece en corentena no peirao de Rande, tras detectarse 10 casos positivos de Covid-19. O servizo de Microbioloxía do Sergas confirmou este venres que este gromo tamén se corresponde coa variante india do virus.

Neste caso, son cinco os tripulantes que foron hospitalizos en Vigo e, segundo fontes sanitarias, permanecen “estables”. O resto de membros da tripulación contaxiados seguen illados no barco.

Novo hospitalizado do segundo buque confinado en Vigo mentres confirman a variante india dentro do barco

ÚLTIMAS

(Vídeo) O día que ‘Stranger Things’ abriu un burato en Vigo… que non se pecha

En Vigo pasan cousas raras no Nadal, todo o mundo o sabe. Non raras...

Detidas dúas mulleres en Redondela tras ser interceptadas nun coche roubado

Axentes da Policía Local de Redondela e da Policía Nacional detiveron a pasada madrugada...

SOS Sanidade Pública sinala ao Álvaro Cunqueiro como a “zona cero” dos recortes

A plataforma SOS Sanidade Pública de Vigo animou este venres a participar na manifestación...

O BNG esixe suspender a nova licitación do bus en Vigo para evitar unha “hipoteca” de nove anos

O Pleno do Concello de Vigo debaterá o vindeiro luns unha moción do BNG...