InicioPolíticaAbel Caballero pídelle á Xunta que lle dea a Vigo o mesmo...

Abel Caballero pídelle á Xunta que lle dea a Vigo o mesmo trato que a Coruña nas restricións da covid

"Esixo para Vigo o tratamento que lle corresponde segundo a incidencia acumulada, a Xunta non pode facer un trato discriminatorio", aseverou.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, esixiu este luns á Xunta de Galicia que alivie o nivel de restricións na cidade (actualmente ten as correspondentes ao nivel medio) xa que a evolución da pandemia de Covid é positiva e ten unha incidencia acumulada “practicamente igual” que a da Coruña, que ten medidas de nivel medio-baixo.

Así o trasladou o rexedor olívico, nunhas declaracións remitidas aos medios, e sinalou que, nas últimas horas, a incidencia a 14 días do Covid en Vigo volveu a baixar e situouse nos 124 casos por 100.000 habitantes. “Cada vez estamos máis por baixo do número crítico que é 150, estamos practicamente igual que A Coruña, que ten unhas normas brandas para hostalaría”, constatou.

A ese respecto, Abel Caballero lamentou que a cidade ten que aterse a unhas restricións máis severas para a hostalaría (30 % de aforamento no interior e 50 % de aforamento en terrazas), mentres que A Coruña pode ter nos seus locais de hostalaría unha ocupación maior (50 % no interior e 75 % en terrazas). “Esixo para Vigo o tratamento que lle corresponde segundo a incidencia acumulada, a Xunta non pode facer un trato discriminatorio”, aseverou.

Por outra banda, o alcalde informou de que a pasada noite “o comportamento na cidade foi bo”, “unha noite tranquila, sen incidencias”, e que os axentes da Policía Local tramitaron 26 propostas de sanción: 18 a persoas por non respectar as restricións relativas a persoas non convivientes, e outras 8 a locais “por temas pouco significativos”.

ÚLTIMAS

Volven prender lume en Chandebrito oito anos despois da traxedia na que morreron dúas persoas

Un lume forestal que comezou onte á noite en Chandebrito (Nigrán) queimou 0,73 hectáreas...

Caballero, contra as peaxes na A-52 e A-55: “As construtoras que se dediquen a contruír”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu este venres contra a proposta da patronal...

Abel Caballero tacha de “bobada” a proposta do PP para o centro de asociacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, negou este venres que poña problemas á Xunta...

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...