InicioSociedadeBaixan os casos activos pero soben os hospitalizados na área de Vigo

Baixan os casos activos pero soben os hospitalizados na área de Vigo

Hai cinco pacientes máis en unidades de hospitalización convencional e un menos na UCI.

PUBLICADO O

Os novos contaxios de Covid-19 disparáronse por encima dos 200 ata os 225 en Galicia, tras arrincar estar semana con 103, mentres que os pacientes hospitalizados debido a este coronavirus descenderon a 197, tres menos que a xornada anterior. Pola súa banda, por segunda xornada consecutiva soben os casos activos ata os 3.072 e, iso, a pesar de facerse un milleiro de PCRs menos.

Segundo os datos actualizados na mañá deste xoves pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 horas deste mércores, seguen 48 pacientes Covid en UCI no conxunto do país, mentres que os ingresados noutras unidades de hospitalización descenden a 149, tres menos.

Por áreas sanitarias, aumenta nas Vigo e Pontevedra-O Salnés. Na de Vigo soben a 35 os pacientes Covid en unidades de hospitalización convencional –cinco máis– e baixan a 12 os ingresados en UCI –un menos–.

MENOS CASOS ACTIVOS

En relación aos casos activos de Covid-19 aumentaron por segunda xornada consecutiva no conxunto da Comunidade galega ata os 3.072, que supoñen 11 máis, pero baixan na área de Vigo en 16 persoas. Un descenso que fai que a cifra de contaxiados activos volva baixar por baixo dos 900 ( 897).

MÁIS DE 200 CONTAXIOS

En canto aos novos contaxios de Covid detectados con calquera tipo de proba volveron a repuntar por encima dos 200, ata os 225; tras iniciarse esta semana con 103; aumentar a 125 o martes e subir a 189 o mércores. Galicia confirmou 197 positivos por PCR nas últimas 24 horas, dos que 61 corresponden á área de Vigo.

Galicia realizou 2.091.968 PCR desde o inicio da pandemia, 6.633 probas máis que as contabilizadas ata a xornada anterior, que implican un milleiro menos que as feitas o día anterior.

Pola súa banda, a taxa de positividade –porcentaxe de infeccións por test PCR realizados– repuntou a un tres por cento, tras situarse no 2,15%, despois de permanecer anteriormente nun 1% desde o inicio desta semana. Así, continúa por baixo do 5% que a Organización Mundial da Saúde (OMS) fixa para dar por controlada a pandemia.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...

Abel Caballero ve no novo expediente da UE “a gran ocasión” para lograr a gratuidade total da AP-9

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, ve o novo expediente de infracción que a UE...