InicioSociedadeDenuncian a falta de medios do Álvaro Cunqueiro contra os trastornos alimenticios:...

Denuncian a falta de medios do Álvaro Cunqueiro contra os trastornos alimenticios: “a nosa filla non mellora”

Unha nai esixe contar cunha unidade específica para tratar estas patoloxías.

PUBLICADO O

Agroman as demandas para crear unha unidade de desordes alimenticios no hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo ante a situación “desbordada” da situada no complexo hospitalario de Santiago. Unha petición en Change.org que acumula máis de 1.000 apoios en apenas dous días vén de poñer sobre a mesa esta dotación que, segundo apuntan os creadores da petición, foi comprometida para Vigo hai máis de cinco anos pero nunca chegou a tornar en realidade.

“A miña filla ten 15 anos e foi diagnosticada en xaneiro dun trastorno alimentario”, explica a creadora da petición, que denuncia a falta de apoio conseguido na sanidade pública ante a saturación e a falta de medios. “Desde o ingreso a nosa filla non está a mellorar, nin física nin mentalmente”, apunta. “Atópase nunha Unidade de Psiquiatría Xeral, que non está adaptada para este tipo de trastornos. Neste Hospital non existe unha unidade para tratar Desordes Alimentarias, e hai unha carencia de especialistas neste tipo de psicoloxía”, engade.

“Unha enferma deste tipo necesita apoio diario dun psicólogo profesional e a nosa filla recibiu 3 visitas en 20 días”, subliña a creadora da petición antes de subliñar unha vez a necesidade de contar con esa planta que segundo destaca xa fora comprometida pero quedou en nada.

“Un Sistema Público de Sanidade de calidade, nunha cidade como Vigo, a máis poboada de Galicia, debería de ter ademais da infraestrutura, os profesionais adecuados para poder axudar a enfermos como a nosa filla”. “Solicitamos axuda de maneira inminente, a nosa filla continúa deteriorándose tanto física como mentalmente e na situación na que está tememos pola súa vida”, remata.

ÚLTIMAS

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Stellantis Vigo espera que o Perte se resolva “a final de mes”

O director da planta viguesa do grupo automobilístico Stellantis, Ignacio Bueno, ve "difícil" superar...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...