InicioSociedadeNovo aumento de casos na área de Vigo que volven subir dos...

Novo aumento de casos na área de Vigo que volven subir dos 900 activos

Tamén hai un novo ingresado en UCI.

PUBLICADO O

Galicia chega ao ecuador da semana na que decaerá o estado de alarma –o 9 de maio– cunha repunta de novos contaxios de Covid-19 que soben a 189 –que supoñen 64 máis que a xornada anterior–, mentres que os pacientes hospitalizados por este coronavirus descenden aos 200 –doce menos–. Pola súa banda, tras dúas xornadas en descenso os casos activos aumentan lixeiramente a 3.061.

Segundo os datos actualizados na mañá deste mércores pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 horas deste martes, recollidos por Europa Press, os pacientes Covid ingresados en UCI soben a 48 –un máis–, mentres que os que permanecen noutras unidades descenden a 152, que supoñen 13 menos.

Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria descende en cinco das sete, entre elas a de Vigo, onde soben a 13 o críticos –un máis– e baixan a 30 os doutras unidades –dous menos–.

MÁIS CASOS ACTIVOS

En canto aos casos activos de Covid-19, despois de dúas xornadas consecutivas en descenso aumentaron lixeiramente a 3.061 en Galicia, que supoñen 34 máis, ao haber máis contaxios (189) que altas (155). Por áreas sanitarias, as infeccións activas soben en Vigo (+15) o que provoca que volvan subir por riba dos 900 os casos activos (913).

REPUNTAN OS CONTAXIOS

Tamén os novos contaxios de Covid-19 detectados con calquera tipo de proba aumentaron no ecuador da semana en Galicia, que comezou con 103, ata os 189, que supón 64 máis que os 125 rexistrados a xornada anterior.

Do total de positivos, 164 foron confirmados por PCR nas últimas 24 horas, 58 máis que a xornada anterior, dos que 64 corresponden á área de Vigo. Galicia levou a cabo desde o inicio da pandemia 2.085.335 PCR, que supoñen 7.781 probas máis que as rexistradas ata a xornada anterior e que implican máis de 2.000 feitas que o día pasado.

En canto á taxa de positividade –porcentaxe de infeccións por test PCR realizados– ascendeu por encima do 2% ata o 2,15 por cento, tras permanecer nun 1% desde o inicio desta semana. Con todo, continúa por baixo do 5% que a Organización Mundial da Saúde (OMS) fixa para dar por controlada a pandemia.

ÚLTIMAS

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...

Case nove de cada dez usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes dos 18 anos

Preto do 88% dos usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes...