InicioSociedadeVigo é a cidade que máis preocupa en canto repunte de casos

Vigo é a cidade que máis preocupa en canto repunte de casos

A directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán, a comarca de Vigo "está a incrementar a súa incidencia acumulada nas últimas semanas", aínda que non "de maneira importante".

PUBLICADO O

- Advertisement -

Vigo é a cidade que máis preocupa á Consellería de Sanidade ante o repunte de casos COVID, non só a urbe en si, senón toda a súa área de influencia, segundo a directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán.

A sete días, a área sanitaria con menor índice é Ferrol, con 20 casos por cada 100.000 habitantes, mentres que a de Vigo é de 79. En canto ás grandes cidades, a sete días sitúanse entre os 87 casos de Vigo e os 26 de Ferrol, mentres que a 14 están entre os 172 por 100.000 habitantes de Vigo e os 40 de Santiago.

Con estas cifras, explicou Carmen Durán, a comarca de Vigo “está a incrementar a súa incidencia acumulada nas últimas semanas”, aínda que non “de maneira importante”. Na contorna, preocupan municipios como O Porriño e Salceda de Caselas, onde se realizará “un seguimento” especial.

ÚLTIMAS

Axentes e funcionarios denuncian as condicións “extremas” de calor na Comisaría de Vigo

Medio centenar de axentes e funcionarios da Comisaría de Vigo-Redondela, convocados polos sindicatos policiais...

Detido en Vigo por unha agresión á súa parella

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 47 anos de...

Confirmados 4 anos de cárcere para un home que extorsionou a unha muller

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza da sección quinta...

OPINIÓN.- Riscos ambientais e patrimonio local na Barroca de Navia

As ondas de calor soportadas no mes de xuño mostran con claridade a anomalía...