InicioSociedadeSalceda entra no nivel alto de restricións e O Porriño, Nigrán e...

Salceda entra no nivel alto de restricións e O Porriño, Nigrán e Tui no medio alto

Tamén seguen no nivel medio alto Cangas, Gondomar e Vigo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O comité clínico que asesora á Xunta na xestión da pandemia decidiu na súa reunión deste martes que os concellos da Pobra (A Coruña) e O Grove (Pontevedra) saian do nivel alto de restricións contra a covid-19, onde quedarán Vilanova de Arousa (Pontevedra), así como Cualedro e Carballeda (Ourense). A medida chega logo das queixas dos rexedores destes dous concellos que pedían saír desta situación.

Segundo sinala a Xunta nun comunicado, este grupo de expertos tamén determinou que pasen a nivel alto os municipios do Grove, A Pobra, Verea, A Merca, Salceda e Coristanco; nivel no que seguirán Petín, Muíños, Meira, Ribadumia, Marín, Meaño, Meis, Ponteareas, Ribeira e Cambre.

Lobeira e O Barco descenden deste nivel ao seguinte, o medio, ao que se incorporan Verín, Xinzo, O Porriño, Nigrán, Tui, Mesía, A Laracha, Betanzos, Carballo e Ares e no que continuarán Trabada, Barreiros, Cartelle, Lobios, Rianxo, Carral, Cambados, Vilagarcía de Arousa, Sanxenxo, Cangas, Gondomar, Verín, Chantada, Carnota, Poio e a cidade de Vigo.

Pola contra reducen as súas restricións os concellos de Boiro, Catoira e A Illa.As medidas acordadas na reunión desta tarde entrarán en vigor ás 00:00 horas do próximo venres, 30 de abril.

ÚLTIMAS

Axentes e funcionarios denuncian as condicións “extremas” de calor na Comisaría de Vigo

Medio centenar de axentes e funcionarios da Comisaría de Vigo-Redondela, convocados polos sindicatos policiais...

Detido en Vigo por unha agresión á súa parella

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 47 anos de...

Confirmados 4 anos de cárcere para un home que extorsionou a unha muller

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza da sección quinta...

OPINIÓN.- Riscos ambientais e patrimonio local na Barroca de Navia

As ondas de calor soportadas no mes de xuño mostran con claridade a anomalía...