InicioVigo e contornaO PorriñoConvocados a un cribado masivo 6.000 cidadáns do Porriño tras un gromo...

Convocados a un cribado masivo 6.000 cidadáns do Porriño tras un gromo nunha empresa

As probas realizaranse no polideportivo municipal este domingo.

PUBLICADO O

A área Sanitaria de Vigo realizará este domingo un cribado poboacional cunhas 6.000 persoas convocadas no Porriño, tras un gromo de Covid-19 detectado nunha empresa deste concello. As probas realizaranse no polideportivo municipal entre as 8,30 e as 22,00 horas.

A alcaldesa do Porriño, Eva García, explicou que este cribado “está relacionado coa aparición dun gromo nunha empresa” do concello. Ademais, puntualizou que “aínda que a incidencia no Porriño segue sendo moi baixa e que os infectados nesta empresa son na súa maior parte residentes noutros concellos, o Sergas trata de determinar se hai contaxiados que sexan asintomáticos, tanto na vila como na contorna”.

Por iso, a alcaldesa, que matiza que O Porriño ten unha taxa de incidencia de 15 que “son os mellores números de toda a pandemia”, apelou a que as persoas convocadas ao cribado “por favor acudan polo seu ben, polas súas familias e polo ben de todos”.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...