InicioSociedadeDenuncian colas quilométricas esperas de dúas horas e caos no control de...

Denuncian colas quilométricas esperas de dúas horas e caos no control de paso de Tui a Portugal

A AECT Río Miño recolle centos de queixas de cidadáns.

PUBLICADO O

A AECT Río Miño denunciou o “caos” e o “escándalo” rexistrado este martes no paso de fronteira de Tui a Portugal, con colas quilométricas e esperas de dúas horas por parte de veciños da zona que se dirixían ao seu posto de traballo.

En concreto, explicou que centos de afectados puxéronse en contacto coa entidade e cos concellos fronteirizos para deixar constancia do seu enfado por esta situación e do dano económico e social que está a provocar.

O vicedirector de AECT Río Miño, Uxío Benítez, advertiu que é “inasumible” que tras meses de fronteiras pechadas se volvan repetir os mesmos problemas loxísticos nos puntos de control fronteirizo, do mesmo xeito que “o primeiro día do confinamento”.

Neste sentido, lamenta que “chova sobre mollado unha vez máis” e advirte de que esta situación “excede o definible” e necesita “solucións e compensacións”.

Este luns, o consello de coordinación de AECT Río Miño aprobaba o texto da moción que se impulsará nos 16 concellos e cámaras da ‘raia’ sobre esta situación e na que se instará ás autoridades estatais, rexionais e autonómicas de Portugal e do Estado español a adoptar medidas de compensación polas consecuencias provocadas polo peche.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...