InicioSociedadeCaballero chama a vacinarse e a manter a distancia social ante o...

Caballero chama a vacinarse e a manter a distancia social ante o “empeoramento” na incidencia en Vigo

"Todo aquel a o que chamen --para vacinarse--, que vaia; que nin sequera pregunte que vacina lle van poñer, posto que todas as vacinas son moi boas", dixo.

PUBLICADO O

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, chamou a vacinarse e a manter a distancia social ante o “empeoramento” da situación da pandemia en Vigo, xa que nestes momentos é “a cidade con maior incidencia acumulada a 14 días de Galicia”.

Nunha rolda de prensa este luns, o rexedor incidiu en que os cidadáns teñen que “extremar –o seu– coidado” e “ser capaces de parar a pandemia” na cidade, para o que entende que na actualidade “hai dúas formas”.

“Unha é a vacina”, remarcou, a colación do que recomendou que “todo aquel a o que chamen –para vacinarse–, vaia; que nin sequera pregunte que vacina lle van poñer”, posto que “todas as vacinas son moi boas”.

Neste marco, despois de ser vacinado este domingo, puxo o seu caso como exemplo: “Eu fun, puxéronme a vacina que decidiu a autoridade sanitaria, e punto. Rapidísimo, áxil, moi profesional”, aseverou, concluíndo que “o final da pandemia chámase ‘vacina'”.

Acto seguido, indicou que, en tanto as persoas non sexan chamadas a vacinarse, a outra forma de protexerse fronte ao virus é “a distancia social e ter coidado“. “Non se poden facer festas nin andar sen máscara”, dixo, estendendo a recomendación de usar máscara tamén á hostalaría.

Finalmente, chamou tamén á poboación a acudir se reciben a citación para facer probas PCR e cribados. “Hai que ir tamén, son controis moi interesantes para detectar positivos asintomáticos”, selou.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Chega aos Play Doc ‘Salvaxe, Salvaxe’ un filme ecoloxista galego premiado en Málaga

O filme galego ‘Salvaxe, Salvaxe’ chega a Galicia este mes de maio, despois de...

Encontrado o cadáver dunha muller dentro dun coche aparcado nun parking de Samil

O cadáver dunha muller foi achado dentro dun coche que estaba aparcado nun parking...