InicioSociedadeA asociación de veciños de Teis defende a continuidade do estaleiro de...

A asociación de veciños de Teis defende a continuidade do estaleiro de Vulcano

Esixen a implicación das administracións públicas para manter a construción naval nos terreos.

PUBLICADO O

Unha representación da xunta directiva da Asociación Veciñal de Teis, mantivo esta mañá unha xuntanza nas instalacións de Vulcano cos representantes dos traballadores deste estaleiros para facerlles chegar a súa “posición de defensa do mantemento da construción naval” nos seus terreos –localizados no propio barrio de Teis– “logo da sentenza do Tribunal de Conflitos que anula a concesión”.

“Estamos a falar dun sector estratéxico para a nosa cidade e o noso país. Neste estaleiro ao longo dos cen anos de historia, permitiu que moitos/as veciños/as de Teis, traballaran nestas instalacións e fora o sustento de moitas familias”, subliñan dende a Asociación. Segundo destacan, o sector naval na ría de Vigo ocupa “nos momentos de maior actividade” preto de 9.000 traballadores contando as traballadores das empresas auxiliares.

“Desde a Asociación Veciñal de Teis somos contrarios a que se podan destinar os terreos de Vulcano para loxística e contedores”, subliñan antes de chamar a Xunta e Goberno Central a se implicar no mantemento do estaleiro, uns deberes que tamén poñen á Autoridade Portuaria de Vigo. “Non podemos permitir que desapareza este estaleiro, pois estamos a falar do emprego e do futuro para moitos/as veciños/as de Teis e de Vigo”, rematan.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...

Interceptado un mergullador sen os equipos obrigatorios e sen licenza de pesca

A Policía Local interceptou o pasado martes en Vigo a un mergullador que non...