Morre un home de 95 con covid en Vigo

En Galicia hai 2.363 falecidos.

Un traballador sanitario realiza un traslado dun paciente con covid / EP

As autoridades sanitarias informaron de tres novos falecidos con covid-19, que eleva a 2.363 o total de vítimas da pandemia na comunidade galega.

En concreto, trátase dun home de 95 anos que estaba ingresado no Complexo Hospitalario de Vigo, ademais doutras dúas mulleres de 79 e 87 anos que se atopaban no Complexo Hospitalario de Ferrol e no de Pontevedra, respectivamente.

O tres presentaban patoloxías previas, segundo engaden desde a Consellería de Sanidade.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here