InicioSociedadeDetectan en Vigo o primeiro paciente de Galicia contaxiado coa variante brasileira...

Detectan en Vigo o primeiro paciente de Galicia contaxiado coa variante brasileira de covid

En Vigo xa foron detectadas "varias variantes que hai que vixiar", di o Sergas.

PUBLICADO O

O Servizo de Medicina Preventiva da área Sanitaria de Vigo detectou o primeiro caso en Galicia da variante brasileira de Covid-19, segundo confirmaron a Europa Press fontes do Servizo Galego de Saúde (Sergas).

Así, foi detectada nun mariñeiro peruano procedente de Sudamérica, sobre o que se sospeitou “que podía ter esta variante”. Neste sentido, o Sergas apuntou que non se secuencian todas as probas PCR, senón “só aquelas con sospeita doutra variante”.

No caso deste home, Medicina preventiva fixo as comprobacións ao ter en conta os datos de procedencia e as características clínicas do paciente. Así, fíxose a secuenciación que confirmou a variante brasileira. O xefe de Microbioloxía da área Sanitaria de Vigo, Benito Regueiro, trasladou a Europa Press que o achado desta variante produciuse no marco do proceso de vixilancia que manteñen “sistematicamente” para o Ministerio de Sanidade e o Sergas.

VARIANTES EN GALICIA

En Galicia a variante máis predominante é a británica. No entanto, concretamente na área Sanitaria de Vigo, o pasado 28 de xaneiro confirmouse o primeiro caso en España da variante surafricana.

Segundo indicou Regueira, en Vigo xa foron detectadas “varias variantes que hai que vixiar”, entre elas, ademais da británica, a surafricana e, nos últimos días, tamén a brasileira e a ‘B.1.525’ (que é “unha variante con bastantes mutacións e con certa capacidade para escaparse ao sistema inmunolóxico”).

En todo caso, indicou que o que se están atopando con estas novas variantes, que están “a tentar competir coa inglesa”, son maioritariamente “casos asintomáticos ou con poucos síntomas, tipo catarrales”, mentres que os casos máis graves corresponden á variante máis frecuente, a inglesa.

MUTACIÓN EN ESTUDO

Ademais, Carmen Durán indicou que tamén está en estudo unha mutación “posible” da variante brasileira ou surafricana, pero aínda non se puido corroborar este dato. Galicia secuenciou 192 casos da variante británica, en colaboración co Ministerio de Sanidade.

A directora xeral de Saúde Pública destaca que, o que se pon de manifesto, é que “o virus se expresa de distintas maneiras” e “a boa noticia é que Galicia ten capacidade de secuenciar”.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...