InicioSociedadeO reitor da UVigo pide unha achega "un pouco máis xenerosa" á...

O reitor da UVigo pide unha achega “un pouco máis xenerosa” á Xunta

Os reitores das tres universidades galegas coinciden en pedir "melloras" no financiamento das institucións

PUBLICADO O

Os reitores das tres universidades galegas coincidiron ao pedir máis recursos á Xunta de cara á negociación do novo plan de financiamento trala prórroga do actual ata finais de 2021 pola crise derivada da covid-19.

En declaracións á Cadena Ser, recollidas por Europa Press, o reitor de Vigo, Manuel Reigosa, espera que a achega “sexa un pouco máis xenerosa” xa que, segundo indica, agora mesmo están “un pouco afogados”. Confía en que, a pesar das diferenzas, logren chegar a acordo para elaborar un mellor plan de financiamento, xa que o actual é insuficiente.

A este diagnóstico súmase o responsable da UDC, Julio Abalde, quen insiste en que “os seus gastos aumentaron” e debe facelo tamén a achega estrutural da Xunta. Desde a USC, Antonio López, cre que hai tempo, de aquí a final de ano, para negociar un novo plan “sobre as bases do que existía, pero tratando de incorporar melloras”.

DEFENSA DA UNIVERSIDADE PÚBLICA

Preguntado pola universidade privada na que traballa Abanca, López reivindica o papel da universidade pública como axente “igualador e de ascensor social”, que contribúe á igualdade de oportunidades.

Ademais, tras sinalar que a súa achega ao coñecemento e a investigación fíxose máis evidente que nunca durante a pandemia, espera que as administracións se comprometan coa educación pública. “Non paramos de escoitar que estamos nunha nova sociedade do coñecemento e a investigación, oxalá iso se materialice nunha aposta clara pola universidade pública”, apunta.

Os responsables das universidades recoñecen que reforzar a investigación e acabar coa precariedade dos investigadores é un dos retos. Antonio López expón un financiamento máis estrutural, menos dependente das subvencións. Julio Abalde engade que é necesario un “sistema de financiamento potente e forte para que, ante unha emerxencia como a que se viviu, póidase redireccionar a investigación”.

ÚLTIMAS

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...

Case nove de cada dez usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes dos 18 anos

Preto do 88% dos usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes...