InicioSociedadeDous novos falecidos con Covid en Vigo

Dous novos falecidos con Covid en Vigo

Tiñan 97 e 75 anos.

PUBLICADO O

A Consellería de Sanidade informou este mércores de catro novos falecementos vinculados coa covid-19, o que eleva a 2.329 a cifra total de vítimas da pandemia na comunidade.

En concreto, o catro falecementos dos que se informa ocorreron este martes, día 23. Corresponden a un home de 97 anos ingresado no Hospital de Vigo e un home de 75 que se atopaba no mesmo centro.

A maiores, morreu un home de 99 anos no Hospital de Ferrol e unha muller de 92 no Clínico de Santiago. Esta última vítima procedía da residencia de maiores de Silleda, onde hai un brote activo e da que o pasado domingo faleceu outro interno.

ÚLTIMAS

Estudantes de Vigo e Monforte álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

O BNG promete ser “a primeira liña de defensa” de Vigo no Parlamento galego, fronte ao “abandono” da Xunta

O BNG trasladou este venres o seu compromiso de ser "a primeira liña de...

O TSXG confirma a sentenza dun xulgado de Vigo que declaraba legal a prórroga do servizo municipal de auga

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza ditada en 2022...