Soben os pacientes críticos con covid en Vigo

Enfermeiras con EPI na loita contra a Covid / arquivo

Galicia experimentou un novo alivio da presión hospitalaria ao reducirse a 252 os pacientes covid ingresados, o que implica 19 menos que a xornada anterior, e tamén caen os casos activos ata os 2.575 –situándose a nivel de finais de agosto–. Con todo, no arranque desta ponte de San Xosé, os novos contaxios computados nas últimas horas a través de distintas probas soben a 188, a cifra máis alta nunha semana e, deles, 172 foron detectados por PCR.

Segundo os datos actualizados este venres pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 horas deste xoves, 55 pacientes covid permanecen en UCI –dúas menos– e 197 noutras unidades de hospitalización –17 menos–. Na área de Vigo soben a 12 os críticos –dous máis– e baixan a 43 os doutras unidades –catro menos–.

MENOS CASOS ACTIVOS, PERO REPUNTE DE CONTAXIOS

Os casos activos de covid-19 volveron a descender en Galicia lixeiramente ata os 2.575, o que supón 11 menos que a xornada anterior. En xeral redúcense en catro das sete áreas sanitarias: as excepcións son Lugo (onde pasan de 205 a 2010), Ourense (soben de 155 a 162) e, unha xornada máis, vigo, onde aumentan en tres, ata os 487.

En canto aos contaxios con calquera tipo de proba que suma o Sergas aos seus datos actualizados, experimentan unha repunta ao pasar a 188, fronte aos 146 detectados a xornada anterior. Dos novos contaxios, 42 son da área de Vigo.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here