InicioSociedadeUGT denuncia "discriminación" na vacinación de persoal de Cedro en Vigo

UGT denuncia “discriminación” na vacinación de persoal de Cedro en Vigo

PUBLICADO O

UGT en Pontevedra denunciou que persoal de distintos colectivos que traballan na Unidade Asistencial de Drogodependencias de Vigo (CEDRO) están a sufrir “discriminación” respecto da vacinación fronte ao covid-19.

Nun comunicado, o sindicato remarcou que mentres os sanitarios, terapeutas, psicólogos, traballadoras sociais e persoal de farmacia “xa foron vacinados”, hai outro persoal que aínda non o foi e que continúa realizando os seus labores “sen ningún tipo de protección”.

En concreto, referiuse ao persoal de limpeza, seguridade, administración, educadores e monitor de ximnasia, para os que reclamou “que cese xa a discriminación”. Que “en todos os centros sanitarios e sociosanitarios leve a cabo a vacinación de todo o persoal, sen ningún tipo de exclusión”, reclamou.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...