InicioSociedadeSobe a presión hospitalaria pola covid a pesar da baixada de contaxios

Sobe a presión hospitalaria pola covid a pesar da baixada de contaxios

Na áea de Vigo, os hospitalizados ascenderon nun, a 49 en total, aínda que se manteñen en 14 os enfermos en coidados intensivos.

PUBLICADO O

O número de pacientes de covid-19 hospitalizados en Galicia rexistrou outro repunte nas últimas horas. En concreto, hai en total 325 persoas ingresadas con coronavirus, cinco máis que as notificadas hai un día, aínda que si que diminuíron a 74 –unha menos– as que se atopan en unidades de coidados intensivos (UCI).

Isto significa que, a pesar do continuo descenso dos casos activos, que se sitúan nos 2.682, e do mantemento dos contaxios detectados nun día, en 112, a cifra de ingresados aínda se resiste a seguir baixando. De acordo cos datos feitos públicos este luns pola Consellería de Sanidade, actualizados ás 18,00 do domingo, a maioría das áreas sanitarias notificou unha subida da presión hospitalaria.

Na áea de Vigo, os hospitalizados ascenderon nun, a 49 en total, aínda que se manteñen en 14 os enfermos en coidados intensivos.

CASOS ACTIVOS

A pesar do aumento da presión asistencial, a cifra de casos activos continúa á baixa e sitúase nos 2.682 en total, nun nivel similar a finais de agosto. Nas últimas 24 horas, descenderon en 67, o que significa que se produciron máis altas que novos contaxios por coronavirus, pero a caída retárdase con respecto a semanas pasadas. Na área sanitaria de Vigo, descenderon a 451 (-38).

DETECCIÓN DE CASOS

En Galicia, desde o inicio da pandemia contaxiáronse de coronavirus un total de 114.867 persoas. Isto permite coñecer que, entre as 18,00 do sábado e as 18,00 do domingo, engadíronse 112 novos casos detectados por calquera tipo de probas –98 deles confirmados cunha PCR–, a mesma cifra que as 24 horas anteriores. A área que máis positivos de covid suma é a de Vigo, con 12 (-10 sobre os da xornada previa).

TAXA DE POSITIVIDADE

Ata a data leváronse a cabo en Galicia 1.764.416 PCR, o que implica 5.204 realizadas entre as 18,00 do sábado e as 18,00 do domingo. Isto supón unha caída dun milleiro con respecto ás 24 horas anteriores.

Deste xeito, a taxa de positividade aumentou ata o 2,1%, tras o 1,5% dos datos do domingo. Con todo, Galicia  continúa por baixo do 5% que a Organización Mundial da Saúde (OMS) fixa para dar por controlada a pandemia e Vigo por baixo da media galega, cun 1,3%.

ÚLTIMAS

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...

Case nove de cada dez usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes dos 18 anos

Preto do 88% dos usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes...