Familiares de anciáns saen á rúa un ano despois da covid para denunciar o acontecido nas residencias

“Un ano despois, non houbo comisión de investigación parlamentaria, nin se incrementou o persoal e medios de inspección", denuncian.

Protesta dos familiares de usuarios da residencia DomusVi-Aldán, ás portas do centro / remitida

A federación galega de asociacións de familiares Vellez e Dignidade convocan dúas concentracións silenciosas con motivo do cumprimento dun ano da declaración da pandemia e en lembranza das vítimas e demandando a actuación da xustiza. Será este domingo, a primeira as 10:30 diante do concello de Cangas e a segunda as 12:30 fronte a entrada da residencia de Aldán.

“Un ano despois, non houbo comisión de investigación parlamentaria, nin se incrementou o persoal e medios de inspección por parte das consellerías de Sanidade e de Política Social”, denuncia esta entidade que lembra que diversos estudos sobre o envellecemento demostran que o illamento social ten efectos prexudiciais na saúde mental, no funcionamento físico e cognitivo e na lonxevidade.

Segue sen investigarse xudicialmente : ¿Porque as persoas que vivían en residencias, tiveron unha mortalidade por COVID moitísimo maior das da súa mesma idade e estado de saúde que viven fora delas? e ¿Porque unhas residencias controlaron o COVID e noutras non?”, pregúntase nun comunicado.

A concentración seguirá as recomendacións da normativa relacionada co COVID aprobadas polo Goberno central na que non se poden superar as 500 persoas, hai que manter distancia de seguridade e levar máscara.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here