InicioSucesosPrisión provisional para os detidos por branqueo e falsidade documental no Colexio...

Prisión provisional para os detidos por branqueo e falsidade documental no Colexio de Enfermaría de Pontevedra

Os tres investigados pasaron a declarar ante o maxistrado pouco antes das 13,00 horas deste venres, aínda que se acolleron ao seu dereito a non declarar.

PUBLICADO O

O Xulgado de Instrución número 2 de Vigo, en funcións de garda, decretou o ingreso en prisión provisional, comunicada e sen fianza do presidente do Colexio de Enfermaría de Pontevedra, Carlos Fernández, a súa muller e a súa filla, investigados por delitos relacionados con supostas irregularidades na xestión das cotas do organismo colexial.

Segundo informaron fontes xudiciais, a causa séguese contra os tres por delitos de branqueo de capitais, falsidade documental e administración desleal. Ademais, o xulgado decretou o levantamento do segredo das actuacións.

Os tres investigados foron detidos este xoves, tras o que foron trasladados aos xulgados á primeira hora deste venres. Así, pouco antes das 13,00 horas compareceron ante o maxistrado, onde permaneceron na sala durante uns 20 minutos, aínda que se acolleron ao seu dereito a non declarar.

Fontes xudiciais comunicaron que se acordou o ingreso en prisión provisional deste tres persoas co obxectivo de evitar a ocultación, alteración ou destrución de probas relevantes na causa.

OPERATIVO POLICIAL

Carlos Fernández, a súa muller e a súa filla foron detidos nas últimas horas no marco dun operativo coordinado polo xulgado e levado a cabo por axentes da Unidade de Delitos Económicos e Fiscais (UDEF) da Policía Nacional.

Ademais das detencións, os axentes levaron a cabo senllos rexistros no domicilio do presidente do Colexio, e na sede do organismo, na rúa Aragón de Vigo, onde se incautaron de diversa documentación.

Fontes coñecedoras da investigación explicaron que o operativo está vinculado coa falta de pagamentos por parte do Colexio ao Consello Xeral de Enfermaría de España.

De feito, a entidade provincial xa foi condenada en dúas ocasións a abonar un total de 6 millóns de euros ao organismo estatal por non sufragar a porcentaxe correspondente das cotas que satisfán trimestralmente os colexiados.

ÚLTIMAS

Estudantes de Vigo e Monforte álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

O BNG promete ser “a primeira liña de defensa” de Vigo no Parlamento galego, fronte ao “abandono” da Xunta

O BNG trasladou este venres o seu compromiso de ser "a primeira liña de...

O TSXG confirma a sentenza dun xulgado de Vigo que declaraba legal a prórroga do servizo municipal de auga

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza ditada en 2022...