InicioSociedadeA Xunta informa de dous falecidos con covid no Chuvi

A Xunta informa de dous falecidos con covid no Chuvi

Trátase de dous homes de 75 anos e de 79 anos.

PUBLICADO O

Consellería de Sanidade informou este martes do falecemento doutras cinco persoas con coronavirus en Galicia. De tal forma, o total de vítimas mortais desde o inicio da pandemia elévase a 2.283.

Estas cinco persoas tiñan patoloxías previas. Unha muller de 97 anos, que procedía da residencia DomusVi Laraxe de Cabanas, faleceu no CHUF de Ferrol. Un destes falecementos produciuse este martes, 9 de marzo. Trátase dun home de 89 anos, falecido no HULA de Lugo.

Os outros catro óbitos producíronse o día 8 de marzo. Ademais da muller procedente dunha residencia de Cabanas, nesa xornada produciuse a defunción de tres homes: de 68 anos (no HULA), de 75 anos (no Chuvi) e de 79 anos (tamén no Chuvi).

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...