Soben os casos de covid en Vigo

Soben en dez os novos contaxios

Test de Covid realizado nunha farmacia / Europa Press.

Os contaxios por coronavirus en Galicia aumentan por terceiro día consecutivo até os 191, 18 máis, nunha xornada na que seguen caendo tanto a presión asistencial, en planta e en UCI, até as 448 persoas, 24 menos que o día anterior, como os casos activos, 4.453 (-233).

Segundo os datos do Servizo Galego de Saúde, até as 18:00 horas do mércores, nas unidades de críticos había 93 persoas (4 menos), mentres que en planta estaban ingresados 355 pacientes, 20 menos que o día anterior.

Por áreas sanitarias, Vigo suma 758 casos activos (13 menos), tras 35 novos positivos por PCR, dez máis que o día anterior.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here