InicioSociedadeA área de Vigo baixa do milleiro de casos activos

A área de Vigo baixa do milleiro de casos activos

Baixan os hospitalizados en planta e na UCi.

PUBLICADO O

Galicia inicia este venres, 26 de febreiro, a desescalada progresiva co alivio de restricións con 564 pacientes hospitalizados con coronavirus, 22 menos que a xornada anterior, e cos casos activos que manteñen a tendencia descendente e sitúanse en 6.273.

Así se reflicte nos datos actualizados na mañá deste venres pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 horas deste xoves, nos que se inclúen 117 pacientes con Covid-19 en UCI en toda Galicia, o que implica catro menos que a xornada anterior, e 447 noutras unidades –18 menos–.

Os pacientes ingresados con coronavirus descenden en Vigo, xa que os pacientes con Covid en UCI baixan a 16 –dous menos– e os ingresados noutras unidades caen a 52 –un menos-.

MENOS CASOS ACTIVOS

Os casos activos proseguen a tendencia descendente ata situarse en 6.273, o que supón 499 menos. E a área de Vigo baixa do milleiro de contaxiados logo de meses sen baixar desta cifra e situarse nos 994 contaxiados.

MENOS CONTAXIOS

Tamén os últimos datos actualizados este venres reflicten un descenso lixeiro dos novos contaxios diarios detectados con calquera tipo de proba en Galicia ata os 272 –fronte aos 320 da xornada anterior–, deles 222 positivos confirmados por PCR nas últimas 24 horas. Deses 222 positivos confirmados por PCR nas últimas horas, 65 corresponden á área de Vigo.

PCR E POSITIVIDADE

En canto á taxa de positividade –porcentaxe de infeccións por test PCR realizados– descende a un 3,9% tras superar o 4% a xornada anterior, polo que se mantén por baixo dese 5% que a Organización Mundial da Saúde (OMS) fixa como máximo para dar por controlada a pandemia.

ÚLTIMAS

O TSXG confirma a condena a comuneiros de Cabral, que deben reverter as obras dun parking en Peinador

OO Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) ratificou o fallo do Xulgado do Contencioso-Administrativo número...

O BNG de Vigo denuncia a falta de auga potable no IES de Beade, e goberno local e Xunta cúlpanse mutuamente

O grupo municipal do BNG en Vigo denunciou este luns que o IES de...

A Deputación envía ao Concello o convenio para a bancada de Gol, que podería asinarse “esta semana”

A Deputación de Pontevedra enviou este luns ao Concello de Vigo o convenio para a reforma da bancada de...

A taxa de criminalidade increméntase no primeiro trimestre un 5,3% en Vigo

A taxa de criminalidade creceu un 16,4% no primeiro trimestre deste ano na cidade...